Como crear unha Peña Celtista
Pasos para a creación das Peñas Celtistas
O acordo de constitución de asociacións, que incluirá a aprobación dos estatutos, formalizase mediante acta fundacional, en documento público ou privado. As asociacionsm unha vez constituidas, deberán inscribirse no rexistro de asociacións para os efectos de publicidade.
Documentación a presentar.
- Solicitude de inscripción inicial Modelo PR308A formulada por unha das persoas fundadoras da asociación e dirixida ao rexistro competente. (comunidade autónoma ou provincia correspondente)
no caso de ser outra persoa, deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.
- Acta Fundacional, Modelo formato doxc Modelo formato odt , un exemplar firmado por todas as persoas fundadoras no que consten os seguintes datos.
- Nome e apelidos das persoas, se son persoas físicas, a denomación ou razón social se son persoas Xurídicas, en ambos casos, nacionalidade e documento de identidade.
- Expresión de vontade da creación da asociación e denominación desta que será a mesma que figuren nos estatutos.
- Lugar, data e sinatura en todas as páxinas do documento, en caso de persoas xurídicas, os seus representantes.
- Identificación das persoas que integran o órgano provisional da xunta directiva.
- Estatutos Modelo formato docx Modelo formato odt o orixinal asinado en todas as follas polas persoas integrantes e fundadoras
- Autorización de Comprobación dos datos das persoas promotoras Anexo 2
- Pago de Tasas. Tasas taxa correspondente numero 303901 de 38,35€
Pedir cita no rexistro da Xunta da sua localidade, achegar os Estatutos e a acta fundacional debidamente cubertos para autenticar (imprescindible) antes de ir, pagar a taxa 302700 (de xeito telemático) de importe 5,42€ por cada informe a autenticar, que son 2 neste caso.
Despois coa autenticación enviala con todos os modelos anteriores de xeito telemático.
Duración de trámite máximo: 3 meses
Silencio Administrativo: Positivo
Solicitude do NIF de asociacións
O NIF solicitase na administración de Facenda correspondente na solicitude de asociacións.
Para iso deberá cumplimentar o modelo 036.
Paxina 1,
Seleccionar a casilla...110, e abaixo cumplimentar...
"Lugar, fecha e firma". poñendo datos do presidente ou representante.
Páxina 2b
As casillas de "Datos de telefonos e direccions para recibir avisos da AET" e tamén "Domicilio fiscal en España" da sede da entidade e a sua referencia Catastral.
Casilla 65, marcar SI.
casilla 69, buscar e marcar a opción "asociacións Ley orgánica 1/2002 G."
Páxina 3
Casilla 300, marcar "Alta representante"
303. Data da acta fundacional.
304 Dni do representante
305, nome e apelidos do representante
306, SI
330, marcar "legal"
331, añadir a clave 2, " Persoas xuridicas residentes ou constituidas en España"
333, Clave 8, "Individual"
334, añadir clave 13, "Documento privado sin firma ligitimada notorialmente"
Paxina 8
Cubrir todos os membros da xunta directiva fundadora da peña, según a acta fundacional.
801 e 805, Data da acta fundacional.
Cumplimentar todos os apartados de NIF e Nome ou Razón social.
Unha vez revisado todo, marcar "validar" para crear un formato PDF que adxuntaremos telemáicamente no seguinte paso.
Unha vez rematados os datos, enviarase dende este Formulario 036 a seguinte documentación.
- DNI de todas as persoas figurantes na acta fundacional
- Acta Fundacional formato PDF enviado pola Xunta de Galicia
- Estatutos en formato PDF enviado pola Xunta de Galicia
- Dilixencia en formato PDF enviado pola Xunta de Galicia
- Resolución de inscripción da Xunta de Galicia
- Modelo 036 anteriormente cumplimentado e Validado, en formato PDF
¡¡ATENCION!!, non deberá marcarse neste modelo a casilla de "Declaración de inicio de actividade)