HISTORIA DA FEDERACION DE PEÑAS CELTISTAS

 


Tempada 1993-1994: Os comezos da FDPC 

 

Corrían os anos 90, cando o ditame dunha orde ministerial levou a os clubs de fútbol a converterse en Sociedades Anónimas Deportivas. Dende ese ano 1992, a estrutura dos clubs trocou de maneira evidente e, con ela, trocou tamén papel dos propios afeccionados. Xa non tiñan voz e voto nas Asembleas, coma antano, se non que se converteron en meros espectadores e aboados; o control se deixa nas mans dos accionistas das novas Sociedades Anónimas Deportivas. 

Con este panorama, xurde a iniciativa, por parte dun grupo de representantes das Peñas Celtistas encabezado por José Méndez Castro, de fundar a Federación de Peñas do Real Club Celta SAD, que substitúa a coordinadora de Peñas, existente ata ese momento, e así dar oficialidade as Peñas dentro dun marco legal. 

A constitución desta Federación faise real o 28 de febreiro de 1993, nunha Asemblea xeral extraordinaria a que asisten os seguintes representantes:  

Peña Celtista de Arcade: Juan Omil Dopazo 

Peña Celtista de Carballiño: Cesáreo Rivera Pérez 

Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo Palmeira - Ribeira: Nicolás Galiñanes Fariña 

Peña Celtista de Ribadumia: José Ángel Abal Cacabelos 

Peña Celtista de Canido: Javier Costas Dios 

Peña Celtista de Arbo: José Méndez Castro 

Peña Celtista de Noia: Francisco Miguéns Roo 

Peña Celtista de Porriño: Celestino Alonso Dobarro 

Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño - A Guarda: José Carlos Rodríguez Barros 

Peña Celtista Tudense: José Rogelio Besada Paramos 

Peña Celtista Comando Celta - Vigo: Leopoldo Celard Correa 

Peña Celtista de Porto do Son: Ángel Vázquez Castelo 

Peña Celtista de Pontecaldelas: Jesús Rodríguez Méndez 

Peña Celtista Nosa Terra - Vilaboa: Xosé Luís Cortegoso Pequeno 

Peña Celtista de Bembrive - Vigo: Cosme Fernández Vieitez 

Peña Celtista de As Pontes: Alexandre Sendin Fernández Rodríguez 

Peña Celtista de Santiago de Compostela: Andrés García Iglesias 

A Asemblea de peñistas decide tamén o nomeamento de José Méndez Castro coma o encargado de levar a cabo todos os trámites necesarios para legalizar a Federación e proceder a súa inscrición no Ministerio do Interior, que a rexistra oficialmente na data do 20 de maio de 1994, sendo as Peñas fundadoras: 

Peña Excursionista Celtista de Santiago. 

Peña Celtista de Arbo. 

Peña Celtista Nosa Terra de Vilaboa. 

Peña Celtista Excursionista Xosé Manuel Alvelo de Palmeira - Ribeira. 

Peña Celtista Excursionista de Bembrive – Vigo 

 

publicado no Faro de Vigo o luns 3 de maio de 1993. A foto corresponde a Asemblea xeral extraordinaria, que se celebrou nas oficinas do RC Celta, e na que se elixe a primeira xunta directiva da FDPC. 

 

A primeira xunta directiva: 

 

O 2 de maio de 1993, nunha Asemblea xeral extraordinaria, apróbanse os Estatutos da nacente Federación de Peñas na cal se elixe a súa primeira xunta directiva, que quedará conformada por: 

Presidente Andrés García Iglesias Peña Excursionista Celtista de Santiago 

Vicepresidente José Carlos Rodríguez Barros Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño - A Guarda 

Secretario José Méndez Castro Peña Celtista de Arbo 

Tesoureiro Cosme Fernández Vieitez Peña Celtista de Bembrive - Vigo 

Vogal Xosé Luís Cortegoso Pequeno Peña Celtista Nosa Terra - Vilaboa 

Vogal Nicolás Galiñanes Fariña Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo - Palmeira - Ribeira 

Vogal Leopoldo Celard Correa Peña Celtista Comando Celta - Vigo 

Vogal Javier Costas Dios Peña Celtista de Canido - Vigo 

Vogal Manuel Máteos Alonso Peña Celtista de Vilalba 

Coa Federación de Peñas xa en marcha e encabezada pola súa xunta directiva, non quedaba mais que inaugurala de forma oficial e dala a coñecer. Así, o 30 de maio de 1993, o Hotel Samil de Vigo foi testemuña da presentación oficial en sociedade da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, SAD 

 

 . Dende sua inauguración e presentacón oficial, se sucederon as reunións entre os menbros da xunta directiva da federación e os membros do consello de administración do R.C.Celta, co obxetivo de conseguir un local social para a federación, que se situaría nos baixos do estadio de Balaídos. 

 

Tempada 1994-1995: A Federación de Peñas inaugura local 

 

O 11 de decembro de 1994, se procede a inauguración oficial do local social da Federación de Peñas. No estreo do local estiveron presentes, ademais dos representantes das Peñas Celtistas e da xunta directiva da Federación de Peñas, Ignacio Núñez Gallego (Presidente do Consello de Administración), Roberto Prieto Baena e Fidel Álvarez (Conselleiros), David Hortas (en representación do Alcalde de Vigo) e Javier Álvarez Salgado (Concellal de Deportes) e coa bendición do capelán do Real Club Celta, Eladio Quiroga. Deste modo o local social da Federación de Peñas abriu súas portas e iniciou súa actividade en busca de dar cabida nel, os intereses dos afeccionados e peñistas celestes. 

 
    Publicado en Faro de Vigo na data do 12 de decembro de 1994. 

 


A partir do mes de febreiro de 1995, varias Peñas (a maioría de Vigo) mostraron seu descontento co modo de dirixir a Federación de Peñas; unha presión que levou a seu presidente, Andrés García Iglesias a presentar súa dimisión. 

Así as cousas, a xunta directiva decide a convocatoria dunha Asemblea xeral extraordinaria para o día 9 de abril de 1995 na que se fixo efectiva a dimisión de Andrés García Iglesias e na que se procederá a elección dunha xunta xestora que se encargará da xestión temporal da Federación ata que se elixa unha nova Xunta Directiva. 

Esta xunta xestora quedou composta por:  

Peña Celtista Barullo no Área - Vigo: Lino Romero Alonso 

Peña Excursionista Celtista de Santiago: Andrés García Iglesias 

Peña Celtista de Arbo: José Méndez Castro 

Peña Celtista de Viveiro: Modesto Demetrio Peña López 

Peña Celtista Casa Millos - Vigo: Juan José Docampo Millos 

Esta xunta xestora fixou a Asemblea xeral extraordinaria, na que se elixiría xunta directiva da Federación, para o 7 de maio de 1995. 

Nesta Asemblea, resultou elixido coma novo presidente da Federación de Peñas, Lino Romero Alonso, da Peña Celtista Barullo no Área, e a xunta directiva quedou coma sigue: 

Presidente Lino Romero Alonso - Peña Celtista Barullo no Área - Vigo 

Vicepresidente Juan José Docampo Millos - Peña Celtista Casa Millos - Vigo 

Secretario José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido Peña Celtista Rikitri - Vigo 

Vogal Ricardo Costas Benavides Peña Comando Celta - Vigo 

Vogal Modesto Demetrio - Peña López Peña Celtista de Viveiro 

Vogal Francisco Miguéns Roo - Peña Celtista de Noia 

Vogal Joaquín Macías Salgado - Peña Celtista Vlado Gudelj de A Rúa 

 

 

 

O Celtismo reforzase ca crise dos Avais 

A Federación de Peñas, e toda a afección celeste, tivo que enfrontarse, meses despois, a un dos capítulos mais complexos, tristes e polémicos da historia do Real Club Celta; a denominada "Crises dos avais" 
 

Cronoloxía da crise dos avais: 


  • 31 de Xullo. 

Remata o prazo para que os 40 Clubs de 1ª e 2ª División presenten ante a Liga de Fútbol Profesional (LFP) seu estado de contas e avalen o 5ª de seus orzamentos para a próxima tempada. 

  • 1 de Agosto. 

  • Os Comités Deportivos e de Finanzas da LFP deciden non inscribir o Sevilla e o Real Club Celta nas competicións profesionais por non avalar seus orzamentos. Ambos descenden a Segunda División B e se invita o Real Valladolid e o Albacete a que ocupen súas prazas en Primera. 

  • Fontes do Consello Superior de Deportes (CSD) aseguran a EFE que "existen poucos visos de que prosperen os posibles recursos do Sevilla e Real Club Celta ante o CSD ou ante a Xustiza Ordinaria". 

  • Poucas horas despois de coñecerse a noticia, numerosos afeccionados agolpanse nos alédanos do estadio Sánchez Pizxoán, e do estadio de Balaídos, en Vigo. Berros contra os directivos e Consellos de Administración de ambos Clubs 

  • 2 de Agosto 

  • O presidente do Real Club Celta, Horacio Gómez, e o Alcalde de Vigo, Manuel Pérez, acoden a LFP para analizar a situación co Secretario Xeral desta entidade, Jesús Samper. 

  • José María del Nido, vicepresidente do Sevilla, tamén viaxa a Madrid e visita as oficinas da LFP e do CSD. O directivo do Sevillista asegura que pode acreditar que o 31 de xullo depositou nun Banco os documentos necesarios e un aval do 5% de seu orzamento en favor da LFP, e anuncia que recorrerán ante o CSD. 

  • Comeza a falarse dunha liga de 22 equipos en Primeira División. Toni Fidalgo, xefe de relacións externas da LFP, considera que esta circunstancia é "practicamente imposible" e Jesús Samper manifesta que "non entra nos seus plans". 

  • 3 de Agosto. 

  • Marcos Fernández, presidente do Real Valladolid, advirte que, de non confirmarse o ascenso de seu equipo a primeira, non acudirán os encontros de segunda división. 

  • José María del Nido e o Alcalde en funcións de Sevilla, Jaime Bretón, presentan recurso ordinario no CSD. 

  • Jerónimo Saavedra, Ministro de Educación e Ciencia, baixo cuxa responsabilidade recae o deporte español, arremete contra os directivos dos equipos descendidos e suxire que, "habería que reflexionar sobre un posible cambio da Lei do Deporte". 

  • Dúas horas despois, o Secretario de Estado para o Deporte e presidente do CSD, Rafael Cortés Elvira, insiste en que se cumprirá a lexislación e pide que "cesen as presións" que sofren o CSD e el mesmo. 

  • En Vigo, son, mais de 20.000 os afeccionados que se concentran na Porta do Sol desta Cidade, convocados polo Consello Económico e Social e a Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, SAD. 

  • 4 de Agosto 

  • A Delegada do Goberno en Andalucía, Amparo Rubianes, apunta que ai base legal suficiente para que o Sevilla e o Real Club Celta sexan readmitidos e pide a dimisión de súas respectivas directivas. O Grupo socialista da Xunta de Andalucía solicita o Goberno que considere a situación. 

  • Tras o Consello de Ministros dos venres, o Ministro portavoz do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, respalda a opinión do titular de Educación (revisar a Lei) e mostrase partidario de que se castigue os directivos, "pero non as afeccións e os xogadores". 

  • Membros da Federación de Peñas Sevillistas e Biris encérranse no estadio Sánchez Pizxoán. 

  • 5 de Agosto. 

  • Jorge Valdano, adestrador do Real Madrid, insiste en que debe cumprirse a Lei "se non, entraremos no reino do disparate". O arxentino rechoza unha competición de 22 equipos, e lle respaldan varios personaxes relevantes do fútbol español, entre eles, o técnico azulgrana Johan Cruyff. 

  • Luís Cuervas, presidente do Sevilla, dimite "para quitar presión o Club e que este poida traballar máis tranquilo, a vista de que a maioría dos afeccionados o piden". José María Del Nido faise cargo da entidade. 

  • 6 de Agosto. 

  • Del Nido, presidente do Sevilla, xa comenta que o "CSD podería pedir a Liga que rectifique súa resolución". 

  • 7 de Agosto. 

  • O Real Club Celta amplía súas alegacións ante o Consello Superior de Deportes e invoca a Lei de Procedemento Administrativo para demostrar que non se lles concedeu o prazo engadido obrigatorio para subsanar errores ou omisións na documentación entregada a LFP. 

  • O campo de A Madroa enchese para ver o adestramento do Real Club Celta. En Sevilla, 35.000 espectadores abarrotan o Sánchez Pizxoán para presenzar un adestramento do equipo andaluz. 

  • 8 de Agosto. 

  • Del Nido, presidente do Sevilla, chega o CSD para completar as alegacións de seu Club. Se seguen invocando a Lei de Procedemento Administrativo e o precedente da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). 

  • A Federación Andaluza de Fútbol pecha súas oficinas ata que se pronuncie o CSD, en solidariedade cos equipos descendidos. 

  • 9 de Agosto. 

  • Valladolid e Albacete tamén remiten o CSD súas respectivas alegacións. 

  • 10 de Agosto. 

  • O CSD desestima os recursos do Sevilla e Real Club Celta e se inhibe en favor da Liga, cuxa decisión respalda, pero invita a esta a que "sexa solidaria" e admita unha "Liga de 22 equipos coma solución menos mala". 

  • Afeccionadas do Valladolid e Albacete vótanse a rúa para celebrar o que, creen, confirma os seus equipos na primeira división. En Vigo, a decisión considerase "vergoñenta". Mentres, Del Nido transmite tranquilidade e optimismo os seareiros do Sevilla. 

  • 11 de Agosto. 

  • Reúnese o Comité Deportivo e de Finanzas da LFP. Cobra corpo unha Liga de 22 equipos. 

  • Dirixentes de varios Clubs rechaman esta posibilidade, porque, argumentan, lles causaría prexuízos económicos e deportivos pola saturación do calendario. 

  • 13 de Agosto. 

  • O Concellal de Deportes do Concello de Vigo, José Manuel Figueroa, anuncia que 2.000 afeccionados acudirán a Madrid para presionar a Asemblea da LFP o día que esta se reúna. As Peñas sevillistas desconvocan a mobilización de seareiros que habían previsto marcha a Madrid. 

  • 14 de Agosto. 

  • A LFP recibe un Fax dunha entidade bancaria que certifica que o 31 de xullo o Consello de Administración do Sevilla ordenou unha transferencia en favor de Liga para garantir o aval solicitado. 

  • 15 de Agosto. 

  • O Secretario Xeral da LFP, Jesús Samper, di a EFE que "en ningún caso a Liga se botará atrás na súa decisión de descender o Sevilla e Real Club Celta, se non que se intentará flexibilizar a Lei". 

  • 3.000 celtistas reservan praza para acudir a Madrid o 16 de agosto nun desprazamento organizado pola Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, SAD en colaboración co Concello de Vigo. A policía reforza as medidas de seguridade en torno a sede da LFP. 

  • O Deportivo da Coruña pide os 40 Clubs profesionais, a través dun comunicado oficial, que voten na Asemblea da LFP en favor dunha competición de 22 equipos en Primeira. 

  • 16 de Agosto. 

  • A Asemblea da LFP decide ampliar por aclamación a 22 o número de equipos en Primeira División para a próxima tempada. Sevilla e Real Club Celta polo tanto, continúan na máxima categoría. 

 

Tempada 1995-1996 

 

Coa "Crises dos Avais" resolta, o 3 de setembro de 1995, a Federación de Peñas celebra súa Asemblea xeral extraordinaria. Tras a resolución dos asuntos previstos na orde do día, se procedeu a un debate sobre a crises vivida polo Real Club Celta días atrás. Tras este debate, as Peñas acordaron, por unanimidade, enviar un escrito a os medios de comunicación e o Consello de Administración do Real Club Celta co seguinte contido: 

"Esixir responsabilidades ata averiguar quen ou quenes foron as persoas que cometeron os errores, e unha vez feito, presentar a correspondente dimisión, ou co caso de ser empregado do Club, proceder a unha rescisión contractual co Real Club Celta SAD". 

O 22 de outubro de 1995, en Asemblea xeral extraordinaria, se procede a reforma da xunta directiva da Federación de Peñas, motivada pola dimisión de Juan José Docampo Millos (Peña Celtista Casa Millos). Deste modo, o presidente da Asociación, Lino Romero Alonso, nomea a José Méndez Castro (Peña Celtista de Arbo) vicepresidente 1º, Modesto Demetrio Peña López (Peña Celtista de Viveiro), vicepresidente 2º e Begoña Vázquez Rivadulla (Peña Celtista Alvarito), secretaria. Así as cousas, a xunta directiva da Federación de Peñas queda conformada por: 

Presidente Lino Romero Alonso - Peña Celtista Barullo no Área - Vigo 

Vicepresidente 1º José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidente 2º Modesto Demetrio - Peña López Peña Celtista de Viveiro 

Secretaria Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Alvarito - Vigo 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri - Vigo 

Vogal José Manuel Boullosa González - Peña Celtista Os de Lavadores - Vigo 

Vogal Carlos Lago Blanco - Peña Celtista A Ría - Vigo 

Vogal Francisco Miguéns Roo - Peña Celtista de Noia 

Vogal Juan Antonio Fernández Goris - Peña Celtista Sebastián Losada – Vigo 

 

Tempada 1997-1998: Punto de inflexión na FDPC 

 

Na Asemblea xeral extraordinaria do 31 de agosto de 1997, o presidente da Federación de Peñas, Lino Romero Alonso, presenta súa dimisión por motivos de saúde, polo que se procede a un novo proceso electoral. A xunta directiva elixida será a encabezada por Begoña Vázquez Rivadulla, e estará composta polos seguintes membros: 

Presidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo 

Vicepresidente Modesto Demetrio - Peña López Peña Celtista de Viveiro 

Secretario José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri - Vigo 

Vogal Nicolás Galiñanes Fariña - Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo - Palmeira - Ribeira 

Vogal Marcos Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Vogal Francisco Xavier Serantes García - Peña Celtista de A Estrada 

Vogal Valentín Muñoz Fernández - Peña Celtista Tudense 

O 1 de marzo de 1998, en Asemblea xeral extraordinaria, se procede a aprobación e lectura do programa da I Convención de Peñas do Real Club Celta, que se celebrará os días 1, 2 y 3 de maio, tradición que ten continuidade na actualidade. 

Na seguinte Asemblea xeral extraordinaria, a do 29 de agosto de 1999, se aproba a integración da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, SAD, en AFEPE (Afeccións Unida - Asociación de Federacións Españolas de Peñas de Fútbol). 

 

Tempada 2000-2001 

 

O 17 de setembro de 2000, a Asemblea xeral ordinaria da Federación de Peñas vai a ratificar a dous novos cargos na súa xunta directiva: Rosa María Santos Pérez (Peña Celtista de Bueu) coma vicepresidenta 1ª e José Carlos Rodríguez Barros (Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño) coma vocal, en substitución de Marcos Santos Pérez. Quedando composta a xunta directiva por: 

Presidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo 

Vicepresidenta 1º Rosa María Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Vicepresidente 2º Modesto Demetrio - Peña López Peña Celtista de Viveiro 

Secretario José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri - Vigo 

Vogal Nicolás Galiñanes Fariña - Peña Celtista Xosé Manuel Alvelo - Palmeira - Ribeira 

Vogal José Carlos Rodríguez Barros - Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño 

Vogal Francisco Xavier Serantes García - Peña Celtista de A Estrada 

Vogal Valentín Muñoz Fernández - Peña Celtista Tudense 

 

Tempada 2001-2002: A FDPC do Século XXI 

 

A Asemblea xeral extraordinaria do 9 de setembro de 2001 se convoca co motivo de elixir a nova Xunta Directiva da Federación de Peñas, despois de catro anos, coma marcan os Estatutos, que queda composta por: 

Presidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta - Vigo 

Vicepresidenta Rosa María Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Secretario José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri - Vigo 

Vogal Modesto Demetrio Peña López - Peña Celtista de Viveiro 

Vogal José Carlos Rodríguez Barros - Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño 

Vogal Antonia Mouriño Sabucedo - Peña Celtista Quinocho - Vigo 

Vogal Luís Manuel Pérez Fernández - Peña Celtista Belupa - Vigo 

Vogal 5º Castor Álvarez Domínguez - Peña Celtista A Ría - Vigo 

Do mesmo modo, se decide a creación de catro comisións delegadas adxuntas a dita Xunta Directiva, das que formarán parte:  

Animación Xosé Antón Ferrón Ventoso - Peña Celtista Meigallo Celta - Vigo 

Recursos Atípicos Reyes Álvarez Comesaña - Peña Celtista Terra Celeste - A Coruña 

Deportes Gustavo Trigo Miguez - Peña Celtista a Capilla - Mos 

Secretaría Amada Lago Meirás - Peña Celtista Sempre co Celta – Vigo 

 

Tempada 2003-2004 

 

A Asemblea xeral extraordinaria do 25 de xaneiro de 2004 terá coma tema principal no seu orde do día a adaptación dos estatutos da Federación de Peñas a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación. 

Durante a Asemblea xeral ordinaria de 4 de setembro de 2004, se procede a ratificación de Reyes Álvarez Comesaña (Peña Celtista Terra Celeste - A Coruña) coma vogal da xunta directiva da Federación de Peñas, substituíndoo a Luís Manuel Pérez Fernández (Peña Celtista Belupa - Vigo). 

 

Tempada 2005-2006 

 

A convocatoria da Asemblea xeral extraordinaria do 18 de setembro de 2005 se convoca co motivo de proceder a elección dunha nova xunta directiva da Federación de Peñas, despois de catro anos coma marcan os Estatutos, o haber rematada o mandato da mesma. 

Esta xunta directiva estará encabezada por Rosa María Santos Pérez e composta por: 

Presidenta Rosa María Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Vicepresidente José Carlos Rodríguez Barros - Peña Celtista de Accionistas do Baixo Miño 

Secretaria Antonia Mouriño Sabucedo - Peña Celtista Quinocho 

Tesoureira María Carmen Comesaña Pazos - Peña Celtista Sempre co Celta 

Vogal Carmen María Iglesias Pereira - Peña Celtista Gudelj - Vigo 

Vogal Ángel González Albar - Peña Celtista de Venezuela 

Vogal Javier Encisa de Sa - Peña Celtista Siareiros.net - Vigo 

O 24 de setembro de 2006, esta xunta directiva se vai remodelar debido a dimisión de José Carlos Rodríguez Barros como vicepresidente, sendo Pedro César Rodríguez Souto o novo membro da xunta directiva, quedando formada por: 

Presidenta Rosa María Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Vicepresidente Antonia Mouriño Sabucedo - Peña Celtista Quinocho 

Secretaria Carmen María Iglesias Pereira - Peña Celtista Gudelj - Vigo 

Tesoureira María Carmen Comesaña Pazos - Peña Celtista Sempre co Celta 

Vogal Pedro César Rodríguez Souto - Peña Celtista de Pontevedra 

Vogal Ángel González Albar - Peña Celtista de Venezuela 

Vogal Javier Encisa de Sa - Peña Celtista Siareiros.net - Vigo 
 

Tempada 2007-2008 

 

Despois dunha tempada de constantes problemas internos dentro da Xunta Directiva da FDPC, presidida por Rosa María Santos, coa dimisión de seus membros, permanecendo fieis tres, a presidenta ante a Asemblea xeral extraordinaria celebrada o 18 de xuño de 2007, acordou disolver a xunta directiva e convocar eleccións a mesma, creándose unha xunta xestora para levar a cabo o proceso. 

O domingo 6 de Outubro de 2007, na sala de prensa do estadio Municipal de Balaídos, en Asemblea xeral extraordinaria, convocada o efecto, celebráronse as eleccións a xunta directiva da FDPC. 

A mesma preséntanse dúas candidaturas, unha encabezada por Begoña Vázquez, que forman. 

Presidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta 

Vicepresidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Secretario Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Tesoureiro Manuel Lorenzo Estévez - Peña Celeste Val Miñor 

Vogal José Adolfo Seoane Miguez - Peña Celtista de Arcade 

Vogal Rafael Longo Fachado - Peña Celtista Rianxeira 

Vogal Jorge Juan Rodríguez Gómez - Peña Celtista de Burela 

Vogal Valentín Barcia Peña - Peña Celtista Centro Celeste 

E a outra por Rosa María Santos Pérez, ambas es presidentas da Asociación, que está formada por: 

Presidenta Rosa María Santos Pérez - Peña Celtista de Bueu 

Vicepresidente Roberto Rivera Conde - Peña Celtista Esmorga Zeleste 

Secretario Brais Alonso Bargiela - Peña Celtista do Milladoiro 

Tesoureiro Amada Lago Meirás - Peña Celtista Sufridores Celestes 

Vogal José Luís Conde Delgado - Peña Celtista O Barco 

Vogal Jesús Ángel Fernández Pérez - Peña Celtiñas Arriacenses 

Vogal Ángel Laiño Rodríguez - Peña Celtista Río Ulla 

Vogal Jesús Domínguez Quintas - Peña Celtista Alaricana 

A mesa formada por unha xunta xestora, pasou lista das Peñas presentes e representadas, que de un total de 72 Peñas asociadas, 41 Peñas están presentes e 24 representadas, sendo o total de 65 Peñas as que participan neste proceso electoral (90,20 % do total), non participando 7 Peñas: Peña Celtista Muradana Cuadrilla Pepa A Loba de Muros, Peña Amigos do Celta en Solothurn de Suíza, Peña Celtista O de San Cibrao, Peña Celtista de Monforte, Peña Celtista de Salceda, Peña Celtista de Mos e Peña Marexada Celeste. 

As 24 Peñas que delegaron a representación en outra Peña son: 

En Peña Celtista “Rikitri”: 9 (Os de Sempre, Barreiro, Venezuela, Buenos Aires, Madrid, Viadutos, Aguilarense, Alekearre e Horacio Gómez). 

En Peña Celtista de “Arbo”: 7 (Burela, Porto do Son, Vicente-Domaio, Arcade, Carballiño, Eibarzale e Pablo Coira). 

En Peña Celtista “Baixo Miño”: 2 (Val Miñor e Santo Domingo). 

En Peña “Sufridores Celestes”: 3 (Noia, A Mao Negra e Ramón Carnero). 

En Peña Celtista “Siareiros.net”: 2 (Pontecaldelas e Blau Cel). 

En Peña “Esmorga Zeleste”: 1 (Pontevedra). 

A cada Peña presente ou representada entregóuselle un sobre e as 2 papeletas, todo moi medido e organizado, unha vez realizado este tramite, a mesa electoral nomeando de novo a cada Peña, seu representante deposita seu voto nunha urna. 

Rematado o proceso de voto, pasouse a realizar o escrutinio dos mesmos, que arroxou o seguinte resultado: 

Votos a favor de Begoña Vázquez: 37 (56,90 %). 

Votos a favor de Rosa Santos: 27 (41,50 %). 

Votos nulos: 1 (1,60 %). 

Polo que foi proclamada vencedora a candidatura de Begoña Vázquez, que toma posesión do seu cargo por un período de catro anos. 

Presidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta 

Vicepresidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Secretario Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Tesoureiro Manuel Lorenzo Estévez - Peña Celeste Val Miñor 

Vogal José Adolfo Seoane Miguez - Peña Celtista de Arcade 

Vogal Rafael Longo Fachado - Peña Celtista Rianxeira 

Vogal Jorge Juan Rodríguez Gómez - Peña Celtista de Burela 

Vogal Valentín Barcia Peña - Peña Celtista Centro Celeste 

 

Valentín Barcia, Pepe Méndez, Begoña Vázquez, Víctor Genaro Capón e Rafael Longo, membros da recen proclamada xunta directiva, na súa presentación. 

 

Tempada 2011-2012 

 

O domingo 11 de setembro de 2011, celebrouse a Asemblea xeral ordinaria e extraordinaria da Federación de Peñas. En ela aprobáronse as contas do pasado curso, saldadas cun importante superávit e se debateron diversas cuestións de interese para os peñistas, aínda que o asunto mais importante era a convocatoria de eleccións para rexer os designios da Federación durante os próximos catro anos. Concluído o prazo para a presentación de candidaturas sen ningunha presentada, será unha xunta xestora a que dirixira a Federación a próxima tempada. 

Na Asemblea solicitáronse voluntarios para formar parte da xunta xestora, que estará presidida por José Méndez Castro, presidente da Peña Celtista de Arbo, con unha dilatada traxectoria na Federación de Peñas, sendo un dos fundadores da entidade, e que foi o primeiro en ofrecerse, cumprindo así o Réxime Interno da Federación de Peñas, xa que o mesmo contempla que a xunta xestora, o non presentarse voluntarios, debe estar composta polas dúas ou catro Peñas mais antigas e polas dúas ou catro mais novas inscritas nesta FDPC, xa que a xunta pódese formar entre catro e oito membros, sendo a de Arbo a mais antiga. O prazo mínimo para que esta xunta xestora goberne e de dous meses e o máximo un ano, aínda que se acordou que serían doce meses. 

Pasado este prazo, abrirase un novo proceso para que se presenten candidaturas que gobernen durante catro anos. 

A Xunta Xestora unha vez presentados os voluntarios quedou formada por: 

Presidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidente Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Secretario Sergio Costa Sánchez - Peña Sempre co Celta 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri 

Vogal Valentín Barcia Peña - Peña Centro Celeste 

Vogal Manuel Vidal Rodríguez - Peña Celtista Os Zoqueiros 

Vogal Vicente Jesús Rodríguez Castro - Peña Celtista Tudense 

 

 

 

Tempada 2012-2013 

 

Na Asemblea xeral extraordinaria da FPPC, celebrada o 18 de agosto de 2012, e unha vez rematado o mandato da xunta xestora, esta presentou a súa dimisión, para así elixir unha Xunta Directiva. 

Concluído o prazo de presentación de candidaturas sen ningunha presentada, a xunta xestora actual adoptou a decisión de continuar unha tempada mais, sempre e cando sexa aprobado pola Asemblea, posto que segundo o Réxime Interno a xunta xestora so ten validez por un ano, a cal non se opuxo a proposta, polo que sen ningún voto en contra decidiuse que un ano mais continúen os mesmos membros. 

A mesma esta formada polos seguintes membros: 

Presidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidente Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Secretario Sergio Costa Sánchez - Peña Sempre co Celta 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri 

Vogal Valentín Barcia Peña - Peña Centro Celeste 

Vogal Manuel Vidal Rodríguez - Peña Celtista Os Zoqueiros 

Vogal Vicente Jesús Rodríguez Castro - Peña Celtista Tudense 

 

 Vicente Jesús Rodríguez, Arximiro Rodríguez, Víctor Genaro Capón, Pepe Méndez, Sergio Costas, Valentín Barcia e Manuel Vidal, os membros da xunta xestora que continuaran unha tempada mais o fronte da Federación de Peñas. 

 

Tempada 2013-2014 

 

E así chegado o 19 de agosto de 2013, despois de celebrada a Asemblea xeral ordinaria, na que se aprobaron todos os puntos da orde do día, celebrase a  Asemblea xeral extraordinaria da FPPC, con dous puntos na orde do día: 

Punto 1: Presentación de candidaturas 

Punto 2: Elección de xunta directiva. 

No punto 1, so se presentou unha candidatura, encabezada por José Méndez Castro, a cal foi elixida no punto 2 da orde do día, polo que durante as vindeiras catro tempadas, remata o final da tempada 2017/2018, a FDPC será dirixida polos seguintes membros: 

Presidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidente Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Secretario Sergio Costa Sánchez - Peña Celtista Sempre co Celta 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri 

Vogal Vicente Jesús Rodríguez Castro - Peña Celtista Tudense 

Vogal Francisco Javier Bastos Domínguez - Peña Celtista Os Zoqueiros 

Vogal Christian García Sotelo - Peña Celtista Preferencia Celeste 

Vogal Pablo Alonso Gómez - Asociación Irmandiños 1923. 

 

 Pablo Alonso, Christian García, Arximiro Rodríguez, Francisco Javier Bastos, José Méndez, Vicente Jesús Rodríguez, Víctor Genaro Capón e Sergio Sánchez, os membros da xunta directiva elixidos na Asemblea para as vindeiras catro tempadas. 

 

Tempada 2016 – 2017 

 

En Asemblea xeral extraordinaria celebrada o 6 de novembro de 2016, a proposta da xunta directiva, acordouse modificar os estatutos e a denominación da Asociación, que o Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior rexistrou na data do 18 de xaneiro de 2017, aprobando os estatutos polos que se rexe a Asociación e actualizando o nome de Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo, SAD a actual denominación Federación de Peñas Celtistas. 

 

Tempada 2017-2018  

 

Despois de transcorridos os catro anos de mandato, tal e como marcan os estatutos, a xunta directiva convoca a Asemblea xeral extraordinaria para o 19 de agosto de 2017, con tres puntos da orde do día: 

Punto 1: Dimisión da xunta directiva. 

Punto 2: Presentación de candidaturas. 

Punto 3: Elección de xunta directiva. 

Unha vez presentada a dimision, , no punto 2 so se presenta unha única candidaturaa cal foi elexida por unanimidade, sendo a formada por: 

Presidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidente Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Secretario Sergio Costa Sánchez - Peña Celtista Sempre co Celta 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri 

Vogal Vicente Jesús Rodríguez Castro - Peña Celtista Tudense 

Vogal Francisco Javier Bastos Domínguez - Peña Celtista Os Zoqueiros 

Vogal Christian García Sotelo - Peña Celtista Preferencia Celeste 

Polo que seu mandato remata na tempada 2021/2022. 

 

Tempada 2018 – 2019 

 

O comezo da tempada 2018/2019, a federación de Peñas Celtistas organiza o acto do seu XXV aniversario, sendo a data elexida o 11 de Agosto do 2018 


 

 

Os actos celebráronse na explanada da grada de marcador no estadio de Balaídos, dando comezo os mesmos a media mañan, coa actuación do grupo Zurrumalla, para a continuación abrir o acto coas verbas do presidente da Federación de Peñas Celtistas, José Méndez Castro, dando a benvida os asistentes, pasando a palabra a Carlos Mouriño Atanes, presidente do Consello de Administración do RC Celta, pechando o acto o Alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez. 

Igualmente o evento, de acordo o RC Celta e a FDPC, axudou os afectados pola pirotecnia de Paramos, no que está afectada a Peña Celtista Tudense. 

No mesmo colaborou o RC Celta, dando apoio loxístico e de acordo coa FDPC, fixo coincidir o Memorial Quinocho, que foi o acto central do evento, con prezos especiais para os peñistas. 

Igualmente e importante a aportación do Concello de Vigo, que colaborou activamente nas actuacións dos grupos folclóricos actuantes, destacando o grupo A Roda, que pechou os actos do aniversario. 

Destacamos o recoñecemento os es presidentes da Asociación, que o fronte de cada xunta directiva dirixiron a FDPC: 

Andrés García Iglesias 

Lino Romero Alonso 

Begoña Vázquez Rivadulla 

Rosa María Santos Pérez 

José Méndez Castro 

 

 

PREMIO XOGADOR NUMERO 12


Na data do 5 de maio de 2019, Afecciones Unidas e LaLiga han recoñecido a afección do RC Celta como a mellor de España co premio “Xogador 12”, galardón co que cada ano se condecora as mellores afecciones de Primeira e Segunda División por seu comportamento, apoio e traballo realizado a favor da tolerancia, o xogo limpo e o ríspeto entre seareiros. 

O celtismo foi exemplo de entrega nas últimas xornadas de LaLiga Santander, onde o equipo galego se xogaba a permanencia na división de ouro. O movemento das Peñas e afeccionados foi espectacular, cos cheos de Balaídos, os recibimentos masivos os futbolistas e o bo comportamento dos celestes nos partidos que o equipo xogou fora de casa. 

Todo elo tivo súa recompensa co recoñecemento do distintivo “Xogador 12”, unha camiseta con dito número co dorsal con que se identifica historicamente o conxunto de afeccionados. 

O galardón foi recollido por Augusto Aguiar, socio do RC Celta nacido en 1923, o mesmo ano da creación do Club. Xunto a el, no céspede do estadio, atopábanse Carlos Mouriño, presidente do RC Celta e Pepe Méndez, presidente da Federación de Peñas Celtistas. 

 
 

Joaquín (AFEPE), Felipe (AFEPE), Carlos Mouriño (presidente do RC Celta), Pepe Méndez (presidente da FDPC), Augusto Aguiar (Abonado do RC Celta) e Mónica Alzueta (Banco Santander). 


Tempada 2021 – 2022 

 

O 15 de agosto de 2021, a xunta directiva convoca a Asemblea xeral extraordinaria, con tres puntos da orde do día: 

Punto 1: Dimisión da xunta directiva. 

Punto 2: Presentación de candidaturas. 

Punto 3: Elección de xunta directiva. 

Unha vez presentada a dimisión, no punto 2, so se presenta unha única candidatura, a encabezada por José Méndez Castro, a cal foi elixida por unanimidade, sendo a formada por: 

Presidente José Méndez Castro - Peña Celtista de Arbo 

Vicepresidenta Begoña Vázquez Rivadulla - Peña Celtista Sempre co Celta 

Secretario Víctor Genaro Capón Carrera - Peña Celtista Fernando Vázquez 

Tesoureiro Arximiro Rodríguez Carballido - Peña Celtista Rikitri 

Vogal Vicente Jesús Rodríguez Castro - Peña Celtista Tudense 

Vogal Francisco Javier Bastos Domínguez - Peña Celtista Os Zoqueiros 

O mandato de catro anos remata na tempada 2025/2026. 

Na data do 13 de agosto de 2022 a Federación de Peñas Celtistas inaugurou oficialmente o novo local, cedido polo Excelentísimo Concello de Vigo, que esta situado no baixo da grada de tribuna, no estadio municipal de Balaídos. 

No acto estiveron presente o Concellal, Francisco Javier Pardo Espiñeira, Patricia Rodríguez Calviño, Gorka Gómez Díaz e Héctor López Font, co Alcalde Abel Caballero Álvarez, que foi xunto o presidente da Federación de Peñas celtistas, José Méndez Castro, os encargados de inaugurar a oficina descubrindo a placa de referencia do acto. 

Igualmente a xunta directiva da FDPC acompañados de numerosos peñistas son testemuñas da inauguración, que deron boa fe do local que cumpre con todas as normas de habitabilidade e o espazo para o que esta destinado. 

 

Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo e José Méndez, presidente da Federación de Peñas Celtistas, no momento descubrir a placa do acto de inauguración da oficina da FDPC. 

Entradas populares de este blog

X ANIVERSARIO DA PEÑA ARDÀN CELESTE

VII Romaria Celtista 2024