Acto do X aniversario da Peña Celtista Siareiros Dezaos.

Tal e como estaba programado pola peña Celtista Siareiros Dezaos, o mércores 26 de outubro de 2022, queda marcada a data de celebración do X aniversario da Peña.

Na sede, no fogar de Asorey, as 20 horas, ca chegada dos dous xogadores da primeira plantilla, Unai Núñez e Strand Larsen, da comezo o acto, o que asistiron igualmente, por parte do Celta, Maria José Táboas, conselleira, Germán Arteta da fundación Celta e Pepe Méndez Presidente das Peñas Celtistas, realizando unha presentación o menbro da xunta directiva Pablo Romeo, que explicou os presentes os comezos da Peña celtista de lalín, ala polos anos 50, e que, eses primeiros celtistas, crearon unha peña, que se disolveu co tempo. Sen embargo, os ánimos dos Lalinenses, para apoiar a o R.C.Celta nunca decaeron, así nos anos noventa, un grupo de seareiros, voltan a fundar unha nova Peña, denominada Peña Celtista de Lalín, en cuxa inauguración, estivo presente Jordi Cruyff, pero co tempo volveu a difuminarse, polo que Lalín quedase de novo sen Peña.

Fai unha década un grupo de celtistas, que reunense no Bar Suso de Donramiro, acordaron fundar unha Peña, coa salvidade de que en vez de centrarse en Lalín, se abrean a comarca do Deza, de ahí a denominación actual da Peña Celtista Siareiros Dezaos.

Unha vez transcorrida a presentación, toma a palabra o presidente da asociación, José Ramón Porto, que tras unhas palabras de benvida e agradecemento, lle cede a palabra o presidente da Federación de Peñas Celtistas, que da os parabéns a Peña desexandolle, que segan sumando aniversarios, ata chegar os XXV, e as grazas os dous xogadores presentes, a fundación Celta de Vigo e o Consello de administración do Celta, para poder celebrar este evento. A continuación, Germán Arteta, director da Fundación, destaca, non so o valor deportiva da peña, se non tamén o social, no que despraza a Balaídos no verán os nenos e nanas Saharauis que acoden a comarca do Deza cada verán, asi coma outros actos de axuda a quen o necesita. Por último, María José Táboas, conselleira do Celta, pechou o acto, indicando que de palabras do presidente Carlos Mouriño transmitira os parabens a Peña e dar as grazas polo apoio que dende a Peña lle dan o clube.

Co intercambio de recoñecementos, deuse por rematado o acto.


                    
                                                                           Germán Arteta, Unai Núñez, Maria José Taboas, José Ramón Porto, Strand Larsen e Pepe Castro.


             Os Compoñentes da xunta directiva da Peña Celtista Siareiros Dezaos cos convidados o acto.







Entradas populares de este blog

X ANIVERSARIO DA PEÑA ARDÀN CELESTE

VII Romaria Celtista 2024